| O cantautor Xerardo Moscoso celebrou onte unha conversa no Casal de Ferreirós onde fixo un repaso dos 50 anos de Voces Ceibes, o movemento da nova canción galega da que é un dos fundadores. Figurante en cine e director de teatro, tamén falou sobre os seus traballos en México coa compañía La Gabiota, así como da situación política e a sanidade actual.