O artista Xerardo Moscoso estará esta noite no Casal de Ferreirós para ofrecer unha conversa a partir das 20 horas. Como un dos fundadores de Voces Ceibes abordará os 50 anos do nacemento do movemento da nova canción galega, pero tamén conversará sobre cine e teatro e sobre compromiso social. Outros dos temas que se porán enriba da mesa serán o arte de Coahuila, a situación política e a sanidade, pensión e dependencia.