"Transformacións urbanas con perspectiva de xéneo" e a temática elixida para debater e reflexionar na vindeira cita de Urbtopías, o foro que fai de Pontevedra o punto de encontro e reflexión sobre o futuro das cidades, "sobre o lugar onde queremos chegar". A cita é hoxe, ás 20 horas no Sexto Edificio do Museo. A entrada e libre até completar o aforo.

Blanca Valdivia e María Fonseca, da cooperativa de arquitectas, sociólogas e urbanistas feministas Punt 6; Oihane Ruiz, arquitecta especializada en Urbanismo e Teoría Feministas e Carme da Silva, tenente de alcalde de Pontevedra manterán un diálogo sobre o espazo público desde unha perspectiva feminista co fin de axudar a construír cidades máis amables e seguras para as mulleres. O encontro estará moderado pola xornalista Susana Pedreira.

Urbopías, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica e da Cidade, reúne en

Pontevedra a personalidades de talla internacional do mundo do urbanismo, do deseño urbano, do xornalismo... para falar de "Urbtopías, as cidades posibles". A construción dunha Urbtopía significa soñar, máis tamén arriscar, aceptar os desafíos, concretar e marcar o rumbo que a faga realidade.

Blanca Valdivia (socióloga Urbana) e Marta Fonseca (arquitecta) pertencen ao Colectivo Punt 6, cooperativa de arquitectas, sociólogas e urbanistas feministas con máis de 12 anos de experiencia en repensar os espazos domésticos, comunitarios e públicos para que promovan a diversidade social sen discriminacións.