12 de diciembre de 2018
12.12.2018

Exposición sobre a moda da época de María Vinyals

Celebrarase no Castelo de Soutomaior e céntrase na indumentaria feminina de finais do século XIX

12.12.2018 | 04:00

O Castelo de Soutomaior acollerá a partir do día 20 de decembro unha novidosa exposición con pezas do Museo de Pontevedra relacionadas coa moda da época na que María Vinyals viviu. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou que o obxectivo de "A moda en detalles: indumentaria e complementos (1870-1925)" "é dinamizar, máis se cabe, o Castelo de Soutomaior con actividades paralelas que complementen a musealización".

Máis polo miúdo, tal e como informou a presidenta, con "A moda en detalles: indumentaria e complementos (1870-1925)" preténdese abordar "temas relacionados coas persoas que habitaron no Castelo de Soutomaior como é o caso de María Vinyals". Deste xeito a exposición, que se estenderá ata o 24 de febreiro do 2019, vai presentar parte "da marabillosa colección dos fondos do Museo de Pontevedra centrada na moda feminina de finais do século XIX e principios do XX, época na que o Castelo era a residencia dos Marqueses de la Vega de Armijo primeiro e logo de María Vinyals", asegurou Silva.

A través de "A moda en detalles" darase a coñecer como vestían as mulleres coetáneas a Vinyals, os seus gustos, como accedían á moda ou como eran as diferentes tendencias nas que o gusto pola diversidade foi predominante, ademais dun símbolo de modernidade para moitas mulleres. Deste xeito, amosaranse pezas que pertenceron ás irmás Domerq, á familia García Solís ou ás irmás Mendoza, que aportaron unha grande cantidade de fondos ao Museo. Recolle 200 pezas de bordados, abalorios, calzado, cosmética, xoiería, etc.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
'Los Futbolísimos, el Musical' llegará a Vigo, el 15 de febrero en un gran espectáculo para niños y mayores en el Teatro Afundación. FARO DE VIGO te invita a asistir en directo con el sorteo de 5 premios de 2 entradas.

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca