"Deuda cumprida" e "Réquiem Nº II". Esas foron as duas cancións que interpretou Xerardo Moscoso o 26 de abril de 1968 nun concerto na facultade de Mediciña en Santiago xunto co resto das voces da canción protesta galega: Benedicto, Xavier del Valle, Guillermo Rojo e Araguas, no xérmen do que sería o colectivo Voces Ceibes. Con dous discos nas súas costas, Moscoso desembarcaría en Poio, onde en 1936 fora represialiado o seu tío, Amancio Caamaño, xunto con Alexandre Bóveda, entre outros. Chamado polos frailes do monasterio de San Xoán ofrecería o seu primeiro concerto en Poio, de onde este fillo de emigrantes galegos en México quedaría vencellado antes de ter que exiliarse en Suiza e Francia e nun segundo periodo, onde tivo un consultorio médico en Combaro que tivo que abandonar para fuxir a México no 1977.

Moscoso, cinco anos despois da súa última visita a Poio, volve esta semana para celebrar un encotro cos veciños de Poio no Casal de Ferreirós, mañá ás 20 horas. "Non será unha conferencia, é unha charla onde falaremos do movemento estudantil en Compostela e da nova canción galega, que cumpre 50 anos", anuncia o excantautor e un dos maiores referentes do teatro mexicano que onte era recibido polo alcalde, Luciano Sobral, co que mantén unha lonxana amistade con Moscoso que se rememora á década dos 70 no municipio. "É un mentor, a cabeza que plantou a semente do que hoxe é o proyecto do BNG en Poio", recalca o rexedor, rememorando a referencia que foi Moscoso no teleclube de Combarro para moitos veciños da súa xeneración.

"Foi quen nos abriu ao galeguismo a nosa xeración en Poio. No teleclube puidemos coñecer obras como "Sempre en Galiza". E tamén alí xurdiu o grupo de treatro Santa Compaña e se xerou outra componente, máis política, que acabou coa miña candidatura á alcaldía no Bloque Nacional Popular Galego no 79 e cun grupo importante do que hoxe é o BNG en Poio", rememora Sobral.

"Como cantautor ofrecéronme cantar en galego, como fixeran outros (por Joan Manuel Serrat) en Cataluña, pero eu negueime. Para min a canción foi unha ferramenta de loita, non para dar o salto á fama", afirma Moscoso. Agora xa non compón cancións e dedícase ao teatro en México pero "mataron ao can, non a rabia", recoñece o propio Moscoso, que todavía segue sendo reivindicativo a través do seu teatro.