09 de diciembre de 2018
09.12.2018

Marta Gómez e Jorge Vilariño, novos responsables comarcais de Galiza Nova

09.12.2018 | 19:08
Responsables comarcais de Galiza Nova

A asemblea comarcal de Galiza Nova escolleu onte ás dúas persoas que terán a responsabilidade de encabezar a organización xuvenil, Galiza Nova, na comarca, nestes dous anos que veñen por diante, logo de ter celebrado o pasado día 24 de novembro a súa XV Asemblea Nacional, que coma sempre, conleva unha renovación das responsabilidades a nivel nacional e comarcal, como marcan os Estatutos da organización. Marta Gómez e Jorge Vilariño asumen esa responsabilidade.

Marta Gómez non é unha cara nova, xa que leva coa responsabilidade comarcal desde xullo deste ano. Pola contra, Jorge Vilariño, de Ponte Caldelas, entra na dirección da comarca por primeira vez, como Responsábel de Organización.

"Estou orgullosa de poder seguir coa responsabilidade co apoio total das miñas compañeiras e asumo esta nova etapa con moita ilusión e ganas de traballar", declarou Marta Gómez. "Temos unhas eleccións en poucos meses nas que nós, como mocidade, xogaremos un papel esencial e axudaremos ao BNG a ter os mellores resultados".

Desde Galiza Nova din que as novas responsabilidades levan consigo experiencia e ideas claras para seguir fortalecendo a organización e que "entre as nosas prioridades están a de conseguir afianzar o proxecto xuvenil nacionalista nas diferentes localidades nas que estamos, e chegar ás que aínda non temos presenza para sumar novas compañeiras". Jorge Vilariño avanzou que "unha das primeiras accións que levaremos a cabo vai ser un coloquio no que falaremos do auxe do fascismo".

A asemblea tamén contou coa presenza de Alberte Fernández, como representante da nova Comisión Permanente e que vén de ser reelixido Secretario Xeral da organización xuvenil. "Confío totalmente nas capacidades da nosa militancia e de Marta e Jorge para afrontar este novo período na comarca" declarou.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
'Los Futbolísimos, el Musical' llegará a Vigo, el 15 de febrero en un gran espectáculo para niños y mayores en el Teatro Afundación. FARO DE VIGO te invita a asistir en directo con el sorteo de 5 premios de 2 entradas.

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


FaroEduca