O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) participa no Culturgal 2018 cos talleres "Microbios ao teu redor", "O bosque viaxeiro" e"Ciencia cidadá: percepción de risco coa rede galega Risegal".

As actividades están deseñadas pola Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia

"O bosque viaxeiro" ten lugar hoxe, de 11.00 a 14.00 horas no Espazo Infantil e nel colabora o grupo de Biotecnoloxía Forestal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia. "Os participantes aprenderán con esta actividade a identificar árbores a través dun xogo interactivo e poderán observar clons e semillas de especies arbóreas coas que traballan no centro de investigación", explica Luisa Martínez, profesional do CSIC.

As actividades neste stand comezaron xa onte, coa visita, entre outros, dos estudantes da ESO do institituto 1º de Marzo de Baiona participantes no Club de Lectura.

A través do proxecto "Microbios ao teu redor" e cun xogo de adivinanzas, os cativos comprobaron que os seres humanos estamos rodeados de microbios e que éstos son de diferentes tipos, cores e formas dependendo de donde se encontren.

Entre os seus obxetivos figuran transmitir coñecementos básicos sobre microbioloxía e amosar á sociedade a importancia da investigación en alimentos, un traballo que fan a cotío.

Hoxe o CSIC desenvolve tamén, segundo explica Luisa Martínez "Ciencia Cidadá: percepción de risco coa rede galega Risegal", unha actividade que dará a coñecer o traballo levado a cabo para neste campo e permitirá aos asistentes coñecer a importancia da identificación de riscos emerxentes como vía para evitar a súa aparición ou reducir os seus efectos na saúde dos consumidores.