A Asociación Etnográfica Sete Espadelas de Pontevedra inaugura hoxe, ás 20 horas, unha nova exposición no Museo Manuel Torres de Marín. A mostra baséase nos diferentes termos que usa a nosa lingua para se referir a cada unha das pezas da nosa indumentaria tradicional.

A asociación pontevedresa exporá máis de 50 pezas, a maior parte antigas, coa nomenclatura apropiada a cada unha delas. Ata o próximo día 8 de decembro poderase visitar no Museo Torres en horario de 18 a 21 horas, de martes a venres, e de 11 a 14 horas os sábados, domingos e luns.

Sete Espadelas naceu en Pontevedra froito da unión de dúas coleccións de roupa tradicional e hoxe en día ten máis de 70 socios. Os seus membros contan no seu haber con máis de 20 premios no día do Enxalzamento do traxe de Santiago, e sete premios de investigación sobre o traxe tradicional "Antonio Fraguas".No ano 2018 fixeron dúas grandes pasarelas "Sete varas, un refaixo" de vestiario tradicional no Teatro Colón da Coruña e na Cidade da Cultura de Galicia.