A Asociación Queremos Galego Marín organiza por sexto ano consecutivo un magosto no que repartirá castañas a todas as persoas que se acheguen á Praza do Reloxo -no caso de chuvia o magosto sería no multiusos da praza de abastos- o sábado, 1 de decembro, a partir das 17.00 horas. Como en anos anteriores, ademais das castañas asadas de balde, tamén haberá música con"Os de Marín" e xogos populares.