| Veciños de Poio, familiares e membros da Fundación Alexandre Bóveda lembraron onte a figura do galegista nun acto no Casal de Ferreirós. Foi no peche da mostra "Alexandre Bóveda, unha crónica da Galiza Mártir", que se puido ver ata onte no local de exposicións de San Salvador. Co motivo do último día da mostra, proxectouse un vídeo documental dirixido por Xan Leira con testemuñas sobre a traxectoria e o que supuxo Bóveda para Galicia.