As profesión das tecedeiras e todo o que o seu traballo supuxo na tradición da cultura galega centran o espectáculo que levará a más de medio cento de artistas ao escenario do Teatro Principal de Pontevedra este domingo, 4 de novembro, ás 20.30 horas. "O soño da tecedeira" chega da man da Asociación Cultural Gaiteiros "Os de Algures", que contan coa colaboración de a Aula Municipal de Teatro de Pontevedra, o Ballet Folclórico Galego, as pandereteiras de Solimán e Celme e o Grupo Tramoias.

Teatro, música e poesía centrarán o espectáculo, que xurdíu a partir da compra dun tear por parte de Os de Algures na localidade luguesa de Guitiriz. O achado dun sobre con 25.000 pesetas da súa antigua propietaria deu pé ao guión, que inclúe poemas de Ramón Cabanillas e Victoriano Taibo, así como pezas do cancioneiro musical de Galicia de Casto Sampedro y Folgar. Representaranse 17 pezas musicais e rematarse cunha boda.

Ademais da posta en escena, terá un grande protagonismo o vestiario tradicional, de Sete Espadelas, cos traxes típicos que poñen en valor a cultura popular galega.