A agrupación socialista de Cerdedo-Cotobade amosa a súa preocupación por suprimir a consulta do pediatra na parroquia de Carballedo e o mesmo tempo por desplazar os cativos do Concello a Forcarei, que dista de lugares coma Augasantas ou Borela a perto de 30 kilómetros.

Segundo a voceira, Lina Garrido, "en cuestión de pouco tempo os servicios médicos están sendo mermados no noso Concello de maneira alarmante, así vemos como a matrona pasou de consultar todos os días no noso Concello, a facelo sólo dous días, onde non se cubren os facultativos durante as vacacións, actualmente un só médico faise cargo de toda a poboación da parte alta de Cotobade, e agora vemos como nos suprimen o pediatra da capital do Concello, Carballedo, tendo un centro médico novo, que ademáis se fixo con cartos municipais, e que se convirteu no único centro de saúde que non é feito con cargo os orzamentos da Xunta".

Por tanto, instan a Jorge Cubela a non permitir a Xunta que suprima este servizo en Carballedo e presentará unha moción no vindeiro pleno para trasladar o noso reixeitamento a tal decisión tan pouco acertada".