A rúa Eduardo Pondal amosará a vindeira semana un gran mural adicado a María Victoria Moreno. Hoxe xoves comezan os traballos de limpeza e posta a punto da parede xunto a ponte da avenida de Vigo na que se realizarán este gran mural que visibilizará a pegada da docente, escritora e activista da lingua, e pontevedresa por elección, homenaxeada nas Letras Galegas 2018 na cidade. Está xusto fronte da ponte da avenida de Vigo na que está unha placa conmemorativa da autora, veciña da rúa, e punto de arranque durante estes meses do roteiro María Victoria Moreno.

A instalación da andamiaxe será o primeiro paso ao que seguirá a limpeza da parede. O debuxo-homenaxe é un deseño da ilustradora Tania Solla e vai a ser executado Polo Correo do Vento. As previsións sitúan o martes 16 de outubro como a data de inicio do pintado do mural.

O mural, unha edición de selos de correos conmemorativos e de colección, obradoiros infantís de contacontos e a a distribución dunha biografía da autora nos centros de ensino e sociais porán o ramo á programación do Ano María Victoria Moreno promovida polo Concello de Pontevedra.