| O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse ata o CPI de Portas que leva o nome do científico e matemático Domingo Fontán, nacido nesta localidade para participar na entrega ao profesorado e alumnado do centro da unidade didáctica "Domingo Fontán e a Carta geométrica de Galicia", que elaborou o Consello da Cultura Galega co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Todo pola celebración do Día da Ciencia en Galicia.