Intercambio de experiencias, charlas-coloquio e o máis importante a exposición por parte das e dos protagonistas do traballo feito nos centros de ensino participantes no Consello da Muller Nova (CMN). Son os vimbios do I Congreso de Igualdade do Consello da Muller Nova (CMN) que se vai a desenvolver o sábado 6 de setembro no Pazo da Cultura e no que participarán arredor de 150 alumnos de Secundaria eBacherelato.

Os CMN de sete centros da cidade farán un pequeno relatorio do traballo desenvolvido no pasado curso (de 16.00 a 17.00 horas): O mito do amor romántico, IES Sánchez Cantón; A muller no mundo do traballo, IES Frei Martín Sarmiento; Os estereotipos de xénero da música actual, IES A Xunqueira I; Novos xeitos de ser home ou muller, CIFP A Xunqueira; Sexismo nos medios de comunicación. Lingua e publicidade, IES As Calasancias; Violencia de xénero explícita nos estilos musicais, IES Luis Seoane; As mulleres no espazo urbano, IES Torrente Ballester.

Unha actuación da cantante Sés porá o ramo a unha cita que ten na igualdade e o respecto a diversidade sexual o seu fío condutor.

Nos Consello da Muller participan alumnado e profesorado de todos os institutos da cidade agás do IES Valle Inclán e após dun período de maduración no que os contidos estiveron dirixidos pola Concellería de Igualdade.