A clausura do festival terá lugar o domingo 14 de outubro cun espectáculo no que participarán diversos artistas e un proxecto chegado desde Évora.

Trátase de Ath- Thurdá, promovido polo Concello de Évora dentro das accións promocionais para a candidatura deste municipio portugués como Cidade Europea da Cultura en 2027. Nel participarán artistas como Kepa Junkera, ademais doutros músicos como Antonio Bexiga, Beatriz Nunes, Carlos Menezes e Celina dá Piedade, entre outros

A entrada terá un custo de 15 euros e xa pode adquirirse.

O encontro conta co apoio económico da Xunta de Galicia como un dos 12 festivais profesionais de música subvencionados en 2018 pola Agadic, a través da convocatoria anual de axudas para este tipo de eventos. Este ano, a achega ascende a 28.297 euros, aos que se suma a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Conta tamén co respaldo económico da Deputación de Pontevedra.