A parroquia de Anceu celebrou este domingo a súa tradicional Danza Celta, un dos eventos culturais máis singulares de Ponte Caldelas, cuxa orixe pérdese nos tempos e que entronca directamente coas danzas brancas doutros puntos de Galicia.

A Danza de Anceu, que leva máis dun século transmitíndose de xeración en xeración, celébrase coa interpretación de distintas pezas coreagrafiadas nas que os danzantes van intercambiando vimbios, paus, castañolas e cintas.

A do domingo foi unha edición especial, pois serviu para homenaxear a Domingo González Lopo, veciño da parroquia e catedrático de Historia na Universidade de Santiago, ou sexa o mordomo que, dende hai 40 anos, encárgase da organización. A comisión de festas entregoulle un agasallo conmemorativo. Na súa intervención, Lopo animou a manter viva a Danza, que reivindicou como unha obriga, unha mostra de respecto polas xeracións anteriores e as tradicións máis apegadas á terra. "O millo seméntase nas veigas, pero isto hai que sementalo tódolos días nas casas", afirmou.