O XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra levará por título este ano "A Revolución". A cita cultural celebrarase entre o 22 de marzo e o 12 de abril e contará cunha protagonista especial: a literatura da lusofonía.

A concelleira de Cultura, Carmen Fouces, e Xosé Antonio Perozo, da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil, GALIX, presentaron hoxe a segunda edición do Premio de Ilustración do Salón do Libro. O prazo para presentación de orixinais está xa aberto e pecharase o vindeiro 10 de octubre. O premio son 3.000 euros e o Concello agarda unha acollida tan boa coma a rexistrada o ano pasado, cando se recibiron 234 traballos de máis de 20 nacionalidades, aínda que ao final a gañadora foi una moza do Morrazo.

Este ano a organización do Salón do Libro decidiu mudar a figura do país invitado pola de unha literatura en xeral. Así, as publicación escritas en galego e castelán protagonizarán esta 20 edición a través da colaboración con colexios, librerías e editoriais. Para iso, Cultura xa iniciou os contactos co Instituto Camões e con países como Brasil, Cabo Verde ou Angola.

"Agardamos que esta aposta pola lusofonía lle dea un pulo ao idioma, moi falto de apoio institucional. Temos un luxo de idioma e debemos coidalo e mimalo. Darlle o apoio que se merece", salientou Fouces.

Pola súa banda, Perozo celebrou o carácter internacional que ten o Salón do Libro pontevedrés. "Todo o mundo fala del, especialmente dende hai cinco anos para aquí", dixo.

Na pasada edición pasaron 30.000 personas polas instalacións no Pazo da Cultura, aínda que dende o Concello se recalca en que non é tan importante o número de visitantes que se reciben como que todas poidan ter o tratamento adecuado e sexan quen de disfrutar das actividades. "Rozamos o límite sostible", sinalou a concelleira de Cultura.

Este ano o esforzó económico dende o goberno local será algo maior por tratarse dunha edición con aniversario.