Veciñanza de Cuntis súmase as críticas polo estado do embalse do Umia. Neste senso critica a "pasividade" do gobierno local ante a contaminación do encoro.

Recorda que o mes de marzo de 2016, presentou ao pleno da Corporación unha moción para abordar, dende Cuntis, a situación de abandono absoluto que presenta o encoro do Umia, "logo de que a Xunta de Galicia afogase millóns de euros sen resultado ningún".

A iniciativa, que foi aprobada, relataba o incumprimento por parte do Goberno Galego do chamado Plan Umia sinalando, concretamente, o malgasto de fondos públicos no suposto tratamento con codia de eucalipto. Esta medida era a resposta da Xunta ao proceso de eutrofización da auga encorada debido á presenza da cianobacteria Microcystis, que provoca a aparición dunha capa de densa de cor verde que contamina a auga e se gaña presenza cando as condicións meteorolóxicas son as propias do verán (maior temperatura e máis horas de luz). Se ben aquela moción fora aprobada polo pleno da Corporación, a situación segue a ser a que era.

Di Veciñanza que o goberno de Cuntis non adoptou ningunha medida, nin tan sequera convocar a Comisión Informativa de Medio Ambiente que Veciñanza pedira naquel momento para avaliar a situación e as posibles medidas a adoptar.

"Dous veráns despois, o encoro do Umia presenta un aspecto de novo certamente lamentable". Nada distinto, por certo, aos veráns da última década, sinala o seu voceiro.

Veciñanza volve solicitar publicamente que a Corporación de Cuntis aborde a situación de contaminación do encoro, "xa que parece que o goberno municipal o considera un asuntoalleo". Solicita, xa que logo e como primeiro paso, que o alcalde convoque unha Comisiónde Medio Ambiente "para poder valorar a situación de contaminación do encoro e fixar unha posición ante a pasividade da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia".

Cómpre sinalar que a o protocolo de seguimento considera a alerta a partires dunha concentración superior a 5.000 células/ml de auga (ou 2.000 no caso das captacións directas).

"Os rexistros que se veñen publicando son absolutamente escandalosos, chegando a 475.000 cél/ml no punto de control da cola", afirma Veciñanza.