Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pontón reafirma o compromiso do BNG coas vítimas do franquismo

A Praza de Curros Enriquez acolleu o acto do BNG en Pontevedra no día da Galiza Mártir, no que a portavoz nacional, Ana Pontón reafirmou o compromiso nacionalista con todas as vítimas do franquismo e manter viva a súa memoria e restitución, por "xustiza e dignidade" e porque dende o BNG, afirmou, "negámonos a esquecer a barbarie que significou o franquismo".

Pontón reiterou que "esquecer" é converterse en cómplices do terror, do atraso e da dor e, "non podemos, nin queremos esquecer a Alexandre Bóveda, que foi e será sempre un mestre para todas nós".

Na vida de Bóveda, lembrou Pontón, a teoría e praxe sempre foron da man. No económico, sentou as bases do pensamento económico galego, dunha facenda pública e da defensa do concerto económico para Galiza. No político, púxose á fronte dos labores organizativos e fixo daquel pequeno partido o motor do proceso estatutario. "Bóveda era consciente que a prioridade era dotar ao país de autogoberno".

Compartir el artículo

stats