A Alameda Rosalía de Castro de Marín acollerá mañán, domingo, un concerto do Grupo Arxe, a gran novidade deste ano entre as mellores formacións folk de Galicia, con entrada totalmente gratuita e baixo a organización do Concello. A banda que lidera Marcos Campos trae a vila marinense a mellor música tradicional galega nun concerto único.

Este será o segundo concerto de Arxe, xa que a agrupación creouse a principios deste ano e xa se ten convertido nun dos grandes referentes de música tradicional a nivel galego. Na súa presentación reuníu a centos de persoas en Bueu, hai son uns días, dando xa unha mostra da súa calidade e da súa conexión con público en cada momento do concerto.

O espectáculo de Arxe leva da man ao espectador a unha viaxe do máis enriquecedora e inspiradora, tendo a oportunidade de revivir máis dun século de música galega de raíz.

Este percorrido levaranos, a través dos sentidos, ate a música dos nosos devanceiros, con estilos como foliadas, rumbas ou pasodobres, que aínda son quen de poñer ao público a cantar e a bailar como o facían hai máis de cen anos.

Con estas pezas, Arxe quere poñer de manifesto non só a riqueza da nosa cultura popular, senón tamén a importantísima labor que nos anos das décadas de 1980 e 1990 se fixo en canto á súa recollida.

A cita será as dez da noite na Alameda con entrada gratuita.