A Consellería de Presidencia concedeulle ao Concello de Cuntis un orzamento de 39.131,40 euros para a mellora da eficiencia enerxética da iluminación do campo de fútbol de As Canteiras.O obxetivo deste proxecto é a instalación da nova iluminación led para subsituir ao existente no campo. A actuación só consistirá no cambio dos proxectores actuais polos de led, e non precisará de ningunha obra civil para a súa execución. Con isto conseguirase diminuír o consumo e mellorar a eficiencia eléctrica.