A Asociación Queremos Galego Marín entregará os Premios Lingua deste ano nun acto que se celebra hoxe, a partir das 21.00 horas no bar Lorenzo (Taberna da Potona) na rúa Sagrada Familia 5 de Cantodarea.

Con eles, a asociación quere recoñecer públicamente o labor daquelas persoas e colectivos que contribúen á normalización, dignificación e valorización da lingua, cultura e medio.

Por outra banda, pretende concienciar aos premiados co Premio Lingua de Trapo dos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes, da importancia da lingua de Galicia e da seriedade do seu estado de saúde.