Durante toda esta semana o CEIP de Ardán mantén aberta unha exposición de fósiles e obxectos curiosos das distintas viaxes que foi realizando un antigo mestre deste colexio, Tito Otero.

Durante estes días todo o alumnado do centro poderá ver e escoitar en directo as historias que hai detrás de cada un destes utensilios, coma frechas, lanzas, bonecas, máscaras, instrumentos musicais, entre outros. "É todo un pracer e unha aprendizaxe para o noso colexio ter este tipo de actividades", expón o centro.

Por outra banda, a partir do mércores 20 de xuño comeza o prazo de matrícula neste CEIP de Ardán, polo que todas as familias interesadas están a tempo de solicitar plaza.