O Ateneo Santa Cecilia acolle mañá venres un concerto de Brais Calles, a partir das 20.30 horas. Este músico vigués de formación musical tradiccional vai a ofrecer un concerto de Handpans, unha nova e peculiar familia de instrumentos de enseñadora capacidade melódica baseada na resonancia armónica do aceiro. A entrada será libre ate completar aforo e o concerto entra no programa Pontegal da Deputación de Pontevedra.

Por outra banda, o vindeiro sábado día 2 de xuño o Ateneo inagurará a exposición da pintora marinense Fina Moreira que ofrece unha antolóxica da súa obra. Fina Moreira e unha pintora de vocación tardía que estaba latente e que agora manifesta con gran intensidade e paixón. A inauguración terá lugar as 13.00 horas na sala de exposición do Ateneo Santa Cecilia, na Rúa do Forno 42.

Durante a inaguración actuará a soprano Dania Diva. Trátase dunha artista multifacética natural de Cuba, graduada en Canto no Conservatorio Municipal Gerardo Guanchi. No ano 2000 viaxa a Galicia onde emprende unha serie de proxectos culturais para o desarrollo profesional de xóvenes interpretes e fundan a Asociación de artistas Vocálitis.

O Ateneo mantén aberta a convocatoria para o curso fotografía en móvil, a celebrar o día 2 con tres horas de duración.