Marín festexou o Día das Letras Galegas cun acto solemne celebrado no salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres, no que se entregaron os premios do XV Certame-Premio de Narracións Escolares Concello de Marín, así como os do IV Concurso de Relato Curto Marín Conta organizado polo Ateneo Santa Cecilia.

A entrega de premios realizouse nun acto oficial convocado polo Concello, no que intervíu a alcaldesa de Marín, María Ramallo, a concelleira de Cultura, María José de Pazo, e interpretouse o Himno Galego a cargo de "Picuinha".

Dentro desta celebración, o auditorio da Finca de Briz acolleu o IV Concerto das Letras Galegas de corais, coa participación das corais de San Xulián, a Coral Polifónica de Luou e a do Centro Sociocomunitario.

O xurado calificador do "XV Certame-Premio de Narración para Escolares Concello de Marín" premiou, na categoría de 1º e 2º de Primaria, á obra "A bruxa Maruxa" de Martina Fernández Santos, estudante do colexio A Inmaculada.

Na categoría de 3º e 4º cursos de Primaria o primeiro premio foi para a obra "O segredo das gafas", de María Moldes Entenza, alumna do CEIP Carballal, mentres que nos cursos 5º e 6º de Primaria o primeiro premio foi para a narración "O enterro da sardiña", de Noa Vázquez Feijoo, estudante do CEIP Sequelo.

Na cuarta categoría (1º e 2º da ESO), obtivo o primeiro premio "Lignum", escrito por Inés Macenlle Martínez, estudante do IES Mestre Landín.

Tres premios

Se concederon tres premios en cada unha destas categorías. Así, na categoría de 1º e 2º de Primaria acadaron o segundo e terceiro premio as obras "O verán da miña vida", de Candela Caíño Sanjorge, e "Náufragos", de Valeria Crolla Area, ambas do colexio Inmaculada.

En 3º e 4º cursos de Primaria os seguintes premios foron para "Xocas e a serea", de Óscar de la Torre Aboa, do CEIP Sequelo e "O lobo solitario", escrito por Sergio Piñeiro Piñeiro, do CPR Inmaculada.

Na categoría de 5º e 6º de Primaria os premios segundo e terceiro foron para "A amizade de Pepiño e Paula", de Andrea Villanueva Freire, da Inmaculada, e "A fada do castro da Subidá", escrito por Sofía Bernárdez Vilas, do CEIP Sequelo.

O segundo e terceiro premio da categoría de 1º e 2º de ESO foron para "Lembranzas da Brétema", de Sofía Gutiérrez Pereira, estudante do IES Illa de Tambo, e "O segredo de Mrs Lock", escrito por Irene Salomón Soliño, do IES Mestre Landín.

O xurado avaliador deste "XV Certame-Premio de Narración para Escolares Concello de Marín" estivo integrado por María José de Pazo Allariz, concelleira de Cultura como presidenta, actuando como vogais María Engracia Vicente Izquierdo, directora da biblioteca municipal; Susana Arizaga Castro, profesora; e como secretario o funcionario Alberto Mallo Area.

Ateneo

Tamén o Ateneo Santa Cecilia entregou os premios do IV Concurso de Relato Curto Marín Conta con motivo do Día das Letras Galegas. Neste certame resultaron gañadores na Categoría Primaria, co terceiro premio, presentado co título "Xoán e o Corsario" , Hugo González Gómez de 9 anos e alumno do Colexio Sagrado Corazón de Placeres. O segundo premio, co título "A nasa dos peixes de ouro" foi para Jorge Fernández Beloso, de 11 anos e alumno do CEP O Sequelo. O primeiro premio, presentado co título "Saudade" corresponde a Álvaro Pereira Omil, de 9 anos e alumno do Sequelo.

O xurado decidiu conceder diploma de Finalista e Accesit ao traballo "Catro vellos mariñeiros", do que é autor Saúl Mariño Recamán de 11 anos e alumno do CEP O Sequelo.

Na categoría da ESO, o terceiro premio, co título "Sempre Briz" correspondeu a Nee Barros Fernández, de 15 anos e alumno do CPR Inmaculada; o segundo, para o traballo "A vida no mar", foi para Alberto Otero Rosales de 14 anos e alumno do CPR Inmaculada; e o primeiro premio, co título "Subversiva" correspondeu a Sofía Gutiérrez Pereira de 13 anos e alumna do IES Illa de Tambo. Neste concurso non se presentaron traballos nas categorías de bacharelato e FP.