17 de mayo de 2018
17.05.2018
ÚLTIMA HORA
Santiago Posteguillo, Premio Planeta de Novela 2018

Galicia lembra en Pontevedra a María Victoria Moreno, a "pomba dourada" que se comprometeu coa lingua

Feijóo, Freixanes ou a neta da autora, protagonistas nas Letras Galegas

17.05.2018 | 17:30
As autoridades, durante o acto na honra de María Victoria Moreno // R. Vázquez

Pontevedra acolleu esta mañá os actos institucionais do Día das Letras Galegas. A cidade na que homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno, viviu boa parte da súa vida, celebrou un acto homenaxe no instituto Torrente Ballester, onde a escritora deu clase, e no Teatro Principal, onde foi lembrada por membros da Real Academia Galega.

Todos os participantes ensalzaron a figura de Moreno coma a dunha muller foránea pero comprometida co galego desde que chegou a Galicia, aló polos anos 60.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, calificou á escritora coma a "pomba dourada" da que falaba Cunqueiro, xa que se namorou do galego porque "nas súas palabras quedou a vivir e regaloulle o mellor de si".

Mentres, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, destacou dela a súa condición de muller, de persona comprometida cun idioma que non é seu e, sobre todo, a súa labor docente: "traballou a prol da linguae para formar lectores".

Ademais doutras intervencións de académicos, destacou a da neta da autora, Victoria Feijóo, que recitou o poema "Cantigas" da súa avoa e levantou o maior número de aplausos por parte dos presentes.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .