O Concello celebra o Día das Letras Galegas co programa Sanxenxo Fala, que ten unha cita ineludible mañá no IES Vilalonga, na que exerceu como mestra María Victoria Moreno, homenaxeada este ano no 17 de maio.

A praza pública de Vilalonga acolle ás 12.00 horas o acto de homenaxe coa participación da compañía de teatro Bandullo Azul e as actuaciones de Os Cruceiros de Vilalonga, Airiños da Lanzada, Soalleira de Dorrón, Abiñadoira de Sanxenxo, Retesías, Os Gatiños e Lembranzas de Portonovo.