Durante o acto de entrega de premios, a docente de Filoloxía Galega, Ana Acuña, quixo lembrar a figura de María Victoria Moreno, homenaxeada das Letras Galegas 2018. Par Acuña, "non hai mellor homenaxe para María Victoria que premiar ao alumnado" porque a escritora "florecía nas aulas e co seu alumnado, os seus cachorros".

Mentres, Begoña Llácer, filla de María Victoria, agradeceu todas as mostras de cariño que está a recibir a familia: "É unha experiencia única, esgotadora e marabillosa. Supón un orgullo inmenso e, á vez, fai que notemos máis a súa ausencia".

Llácer tamén quixo destacar a faceta docente da súa nai: "Amaba aos alumnos e o que menos lle importaba eran as notas, senón que fosen boas persoas. Aportáballe moito conseguir algo de alumnos rebeldes".