O xurado calificador do "XV Certame-Premio de Narración para Escolares Concello de Marín" acordou premiar, na categoría de 1º e 2º de Primaria, á obra "A bruxa Maruxa" de Martina Fernández Santos, estudante do colexio A Inmaculada.

Na categoría de 3º e 4º cursos de Primaria o primeiro premio foi para a obra "O segredo das gafas", de María Moldes Entenza, alumna do CEIP Carballal, mentres que nos cursos 5º e 6º de Primaria o primeiro premio foi para a narración "O enterro da sardiña", de Noa Vázquez Feijoo, estudante do CEIP Sequelo.

Na cuarta categoría (1º e 2º da ESO), obtivo o primeiro premio "Lignum", escrito por Inés Macenlle Martínez, estudante do IES Mestre Landín.

Se concederon tres premios en cada unha destas categorías. Así, na categoría de 1º e 2º de Primaria acadaron o segundo e terceiro premio as obras "O verán da miña vida", de Candela Caíño Sanjorge, e "Náufragos", de Valeria Crolla Area, ambas do colexio Inmaculada.

En 3º e 4º cursos de Primaria os seguintes premios foron para "Xocas e a serea", de Óscar de la Torre Aboa, do CEIP Sequelo e "O lobo solitario", escrito por Sergio Piñeiro Piñeiro, do CPR Inmaculada.

Na categoría de 5º e 6º de Primaria os premios segundo e terceiro foron para "A amizade de Pepiño e Paula", de Andrea Villanueva Freire, da Inmaculada, e "A fada do castro da Subidá", escrito por Sofía Bernárdez Vilas, do CEIP Sequelo.

O segundo e terceiro premio da categoría de 1º e 2º de ESO foron para "Lembranzas da Brétema", de Sofía Gutiérrez Pereira, estudante do IES Illa de Tambo, e "O segredo de Mrs Lock", escrito por Irene Salomón Soliño, do IES Mestre Landín.

Entrega

Os premios entregaranse nun acto público que se celebrará o vindeiro día 17 de maio, Día das Letras Galegas, no salón de actos do Museo Municipal Manuel Torres, a partir das 12.00 horas.

A entrega farase nun acto oficial convocado polo Concello, no que intervirá a alcaldesa de Marín, María Ramallo, a concelleira de Cultura, María José de Pazo, e interpretarase o Himno Galego a cargo de "Picuihna".

O xurado avaliador deste "XV Certame-Premio de Narración para Escolares Concello de Marín" estivo integrado por María José de Pazo Allariz, concelleira de Cultura como presidenta, actuando como vogais María Engracia Vicente Izquierdo, directora da biblioteca municipal; Susana Arizaga Castro, profesora; e como secretario o funcionario Alberto Mallo Area.