O CEIP de A Laxe celebra desde onte a súa Semana Cultural para conmemorar o Día das Letras Galegas 2018, adicadas nesta ocasión á escritora María Victoria Moreno.

A semana comenzou onte cun contacontos e un obradoiro promovido polo Concello de Marín dirixido aos máis pequenos, estudantes de Educación Infantil nos cursos de Primeiro e Segundo.

Esta Semana das Letras sigue cun taller de coiro para todo o alumnado, impartido por un artesán da zona.

Graffiti

Rematan cun Obradoiro de Graffiti e un Faladoiro sobre o tema "Cultura Urbana" impartido por "Vella Escola" dirixido aos máis maiores, de 3º, 4º, 5º e 6º curso, nunha actividade promovida polo Concello de Marín.

Hoxe continuarán estas actividades cunha xincana no centro escolar, para traballar sobre a autora María Victoria Moreno.

Rematarán as actividades o mércores coa actuación do Mago Noel no centro.

Ademais, desde o venres 11 de maio poderase visitar a Exposición sobre "Instrumentos de Refugallo" feitos polo alumnado do propio centro.