| Casi trescentos alumnos de seis centros educativos de Marín (CEIP do Carballal, Seixo e Ardán, IES Mestre Landín, Illa de Tambo e Chan do Monte) asistiron á representación teatral "Leonardo e os fontaneiros" baseada no libro homónimo de María Victoria Moreno, á que está dedicado este ano o Día das Letras Galegas, que tivo lugar no CEIP Carballal. A compañía UBÚ Teatro, co patrocinio de Editorial Galaxia e a colaboración do Concello de Marín, contou a historia de Antón e o seu can Leonardo, durante o seu último curso da antiga EXB, con aventuras semellantes ás de hoxe.