Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Habería que aproveitar o escándalo da Igrexa para afrontar o escándalo masivo na sociedade dos abusos a nenos e mulleres"

- O Papa Francisco afrontou os escándalos de abusos protagonizados por persoeiros da Igrexa...

-Sin dudida, pero eu tamén neste temadiría que a sociedade ten que empezar a reflexionar un pouco, estou contento que eso saira porque purifica a Igrexa, pero ten que facer de levadura e fermento na sociedade, porque realmente o que pasa na Igrexa é o que está pasando moitísimo máis, e non me meto agora con proporcións, con miles e miles de persoas máis na sociedade e non se está tocando a fondo como sí se fai coa Igrexa. Estes días está saíndo nas redes un escándalo denunciado con vídeos no que polo visto entran grandes políticos e gandes xentes da cultura e eso tapónase, porque non é da Igrexa.

- Considera que a Igrexa está sendo un chivo expiatorio?

-O que digo é que habería agora que aproveitar o escándalo da Igrexa para afrontar o escándalo masivo na sociedade, porque realmente hai un abuso de nenos e de mulleres na sociedade enorme e a visión concentrouse tanto na Igrexa que se descoida o que é numéricamente moito maior, porque o da Igrexa pode quedar numéricamente nun 2 ou 3 por cen. Non estou disculpando a Igrexa, que conste, pero penso que en ben da sociedade habería que afrontar o problema máis seriamente en todos os ámbitos e non usar un chivo expiatorio para disimular o que está pasando. Se a Igrexa e un chivo expiatorio? Sen dúbida, pero eso non me importa, a Igrexa ten que pagar o seu, porque o fixo mal, e non diría a Igrexa senón un grupo da Igrexa, pero non me interesa se a Igrexa sufre porque venlle ben purificarse, eu o que quero decir que eso ten que ser unha chamada á sociedade en ben dos nenos e de todas as persoas que están sendo abusadas a miles, posiblemente a millóns, e eso debería ser realmente coma unha especie de explosión para que a sociedade se conmova totalmente.

Compartir el artículo

stats