A Biblioteca Publica Municipal acolle mañá sábado día 7 a actividade de "Fábulas na Biblioteca". Comenzará ás 12.00 horas dentro das actividades de "Ler conta moito".

O grupo "Tarabelos" será o encargado de facer esta actuación enmarcada dentro do Día do Libro Infantil e Xuvenil.

"Ler conta moito" é un programa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede a través do seu catálogo actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura.