As primeiras actividades promovidas polo Concello no Ano María Victoria Moreno fan fincapé en que se trata "dunha escritora pontevedresa e galega de corazón, por amor", de ahí que se centren en lembrar a pegada da autora na que foi a súa cidade, sinalou o concelleiro de Normalización, Alberto Oubiña, ao dar a coñecer o novo roteiro pola cidade.

Trátase dunha camiñada diferente aos roteiros postos en marcha con anterioridade e inspirados en Castelao, Xoán Manuel Pintos e Sarmiento e que discurren fundamentalmente polo centro histórico. No caso do que levará o nome de María Victoria Moreno levará aos participantes pola zona de Campolongo e outros espacios ligados á vida da escritora, fóra da zona monumental da cidade.

A profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña e a escritora e académica Fina Casalderrey deseñaron este itinerario, que se estrenará o vindeiro venres ás 19.30 horas. O concelleiro incidiu en que se busca que sexa un roteiro "aberto a todos os que queira anotarse, sen necesidade de que vaian en grupo". A inscripción pode formalizarse no correo do Concello ou no teléfono 986804300.

Estrea dun documental

A seguinte das iniciativas que promove o Concello é un documental preparado por empresas de Pontevedra, escollidas a través da rede Puntazo, un audiovisual que se estreará o 26 de abril, xoves, a partires das 20.30 horas no Teatro Principal.

Editores como Manuel Bragado, libreiros como Seijas ou representantes da familia aportan a súa visión neste trabajo que busca ser "unha mostra de cariño máis cara a autora", sinala Alberto Oubiña, que o Concello pretende que se poda visualizar "en todos os recunchos do país".

En xeral, búscase que o maior número posible de asociacións, entidades e colectivos fagan propostas para celebrar o Ano María Victoria Moreno.

Un dos institutos no que impartiu clases e ao que donou a súa biblioteca, o IES Torrente Ballester, será escenario esta tarde da presentación dun conto inédito da escritora, una obra ilustrada polos alumnos.

Na homenaxe participarán convidados coma o presidente da RAG, Víctor Freixanes, ou o seu predecesor no cargo, Xesús Alonso Montero (que pronunciará o relatorio inaugural), a escritora e académica Fina Casalderrey ou o tradutor Xavier Senín.