Un novo roteiro polos espacios da cidade vinculados a María Victoria Moreno e un documental que da voz a persoas que coñeceron á autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas figuran entre as primeiras actividades que promove o Concello en memoria da escritora, pontevedresa e galega de vocación.

O concelleiro de Normalización, Alberto Oubiña, presentou na mañá deste martes estas primeiras actividades.

O instituto Torrente Ballester, no que impartiu clases María Victoira Moreno, celebrará mañá un acto de homenaxe á escritora no que participarán o actual presidente da Real Academia Galega, Victor Freixanes, o seu predecesor no cargo, Xesús Alonso Montero, ou a académica e escritora Fina Casalderrey, que precisamente é unha das persoas que diseñou o novo roteiro ligado á autora.

A homenaxe incluirá a presentación dun conto inédito que ilustrou a comunidade do centro.