O instituto Torrente Ballester, do que María Victoria Moreno foi profesora durante preto dunha década, homenaxeará o vindeiro día 4 de abril á autora ao que este año se lle adica o Día das Letras Galegas cuha ceremonia que contará con convidados coma o presidente da RAG, Víctor Freixanes, ou o seu predecesor no cargo, Xesús Alonso Montero.

A proxección dun vídeo-homenaxe e unha mesa redonda con outros autores como a escritora Fina Casalderrey ou o tradutor Xavier Senín darán paso ao acto central: a presentación dun conto inédito da autora.

Ao dar a coñecer os actos na mañá deste mércoles, o director do cetro, David Castro, avanzou que o conto garda relación cunha das grandes paixóns de María Victoria Moreno, os cans.