31 de agosto de 2017
31.08.2017

Cerdedo-Cotobade adxudica a nova sinalización dos accesos por estrada

31.08.2017 | 02:52

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de facer unha proposta de adxudicación da nova sinalización informativa do municipio fusionado nos principais accesos por estrada a prol da empresa Nexia Infraestructuras, que presentou unha oferta cunha baixa do 40% sobre o orzamento de licitación.

O Concello sacou a concurso este contrato por 49.855 euros, impostos incluídos, que serán sufragados grazas a unha axuda da Xunta de Galicia. Na fase de licitación recibíronse cinco propostas empresariais, sendo a máis vantaxosa a de Nexia, xa que acometía o traballo por 30.232 euros e nun prazo de execución de só tres días. Esta gran baixa foi xustificada debidamente pola empresa e ademais a súa argumentación foi respaldada por un informe técnico municipal, polo que se acaba de propoñer a súa adxudicación a través dunha resolución da presidencia.

A proposta de sinalización informativa de benvida ao termo municipal, que está homologada e se corresponde coa esixida polo organismo autonómico, inclúe a imaxe corporativa de Galicia, a denominación do novo concello, a imaxe dos hórreos das famosas eiras e o tradicional "benvidos" en ata seis idiomas: galego, castelán, francés, inglés, alemán e portugués. Estes sete elementos están concebidos como paneis con estrutura de aceiro galvanizado con grandes dimensións. O goberno local vai situalos nos sete principais accesos ao municipio polas estradas autonómicas e provinciais.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine