Víctor Freixanes sinalou á estabilidade económica da Real Academia Galega coma o obxectivo prioritario da súa xestión. A RAG, explicou, "non pode estar todos os anos esmolando, pedindo recursos nas institucións públicas e privadas".

Conta cun presuposto de menos dun millón de euros para o para seu mantemento, actividades e continuar o traballo das seccións de Lingua e Literatura, Histoira, Gramática, o Diccionario (o máis importante da literatura galega e que recibe 62.000 visitas e consultas diarias), Onomástica, Sociolingüística, Toponimia etc. Tamén para pagar nóminas, dado que os académicos non cobran pero a institución conta cun equipo de 25 profesionais.

O presidente da RAG lembrou que a Real Academia Vasca ten 3 millóns de euros de presuposto e o Instituto de Estudos Cataláns case 10 millóns antes de incidir en que "temos que estabilizar orzamentariamente os recursos da Academia, non podemos decir ten que facer esto ou debería facer o outro ou traballar nesta liña, se no lle damos recursos a RAG non traballa".

En paralelo a esta estabilidade financieira, Víctor Freixanes apuntou a unha segunda cuestión que considera especialmente importante: fortalecer a las liñas de comunicación coa sociedade. "Temos que ser capaces de comunicar máis o que fai a Academia, para que non se pense que é unha especie de floreiro ou de adorno, senón que todo esto do que estamos falando é algo útil, que a sociedade demanda e necesita".

"Temos que escoitar á sociedade", manifestou antes de aludir a un proxecto de encontros coa Academia para que profesionais novos, caso de profesores ou empresarios, expresen na Academia "o que queren para este país, para a lingua de este país e o que supón que este país dispoña dunha cultura propia, que é tamén un patrimonio económico".