O PP de Ponte Caldelas valora "moi negativamente" os dous anos de Andrés Díaz a fronte do Concello. Asegura que nestes dous anos "o Concello pasou de ser un municipio de referencia na comarca na captación de inversións e en prestacións de servizos aos seus veciños, para pasar a ser un municipio no que a Deputación non invertiu un euro no que vai de mandato; pasou a ser o único concello de Galicia que pechou un Centro de Información a Muller (CIM); e tamén se suprimiu o servizo de Protección Civil".

Para o PP, "nos dous anos de mandato non se levou a cabo ningunha obra de importancia nas parroquias do municipio; non se ampliou a rede de saneamento no rural a mais nucleos; non se ampliou ningunha estrada ou camiño municipal; nin se reformou ou contruiuse nova ningunha Casa do Pobo". Lembran que non se leva a cabo ningunha promoción para atraer empresas o polígono de A Reigosa, e que foi o anterior goberno do PP quen levou empresas como a conserveira Orbe.