Os profesionais da cociña que participarán na terceira edición do concurso Caldelas Tapas, que se celebrará durante as noites de venres do mes de xullo, participaron onte nunha clase maxistral en elaboración de pinchos, organizada polo Concello de Ponte Caldelas co obxectivo de contribuír a orixinalidade e calidade das elaboracións.

A master class estivo a cargo do chef ourensán Miguel González Quintela, que conta cun currículo no que destaca o seu paso polos restaurantes Akelarre, de Pedro Subijana, e Zarautz de Karlos Arguiñano. Foi gañador do concurso de pinchos de Ourense.

O alcalde, Andrés Díaz, asistiu ao comezo da sesión e aproveitou a ocasión para saudar e desexar sorte aos cociñeiros participantes neste curso intensivo. Destacou o apoio constante á hostalería local.