| O IES Ponte Caldelas celebrou onte a Festa da Lingua na que tamén participou o alumnado de 5º e 6º do CEIP Cordo Boullosa. Houbo un pasarrúas inicial polas rúas de Ponte Caldelas amenizado polos Escornabois, o grupo de música tradicional do IES Ponte Caldelas. Logo de dar ambiente ás rúas da vila, celebrouse a festa nunha sala de festas cedida polo concello.