Dentro das actividades marcadas para a celebración do Día das Letras Galegas, o IES Mestre Landín levou a cabo unha actuación "flashmob" na Alameda de Marín. Esta performance comezou co inicio da canción e unha primeira bailarina a que pouco a pouco vanse sumando o resto dos que polo lugar están a modo de baile improvisado.

O equipo de dinamización de lingua galega coordinou o traballo do alumnado no que versionaron a letra da canción de Shakira e Carlos Vives "La bicicleta".

Os versos buscaban achegar a lingua aos máis novos facéndoa máis atractiva e visual que perdurará nas súas retinas durante moito tempo. A colaboración entre o centro e o Concello de Marín permitiu contar cun equipo profesional de gravación co obxectivo de preparar un vídeo que de seguro terá unha gran difusión a través das redes sociais dos xóvenes de Marín e comarca.