Quedou aberta onte, Día das Letras Galegas, no Pabillón de Deportes de Ponte Caldelas a segunda edición de Naturfeira. O evento de estilo de vida alternativo contou coa presenza duns 25 artesáns e produtores de todo tipo de produtos naturais e ecolóxicos. O alcalde, Andrés Díaz, inaugurou cunha visita a última hora da mañá. Pola tarde saiu a andaina polo Sendeiro Azul do río Verdugo.

Ao longo de todo o día celébráronse obradoiros de distintas actividades, así como actuacións musicais con motivo dos actos de homenaxe a Carlos Casares.A mediodía tivo lugar a lectura de contos do autor ao que onte se festexou.

Está organizada pola asociación Calakux, coa colaboración do Concello. A feira contou con plantas medicinales, verduras orgánicas, cosméticos y objetos artísticos.