Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Antón Arias Curto: "Non me arrepinto de nada, sempre fun coherente co meu posicionamento político"

A Casa das Campás acollerá o día 26 a presentación dun documental adicado ó independentista

Antón Arias Curto. // FdV

A Casa das Campás será escenario o vindeiro día 26 da presentación de "A palabra dun patriota", un documental do realizador pontevedrés Augusto Fontám centrado na figura de Antón Arias Curto, histórico do independentismo galego que estivo detrás de distintos movementos armados, ata acumular condeas por un total de 20 anos.

- Como e cando principou a súa militancia?

-Empecei na emigración en Lausana, en Suiza, alí fun do comité local do Partido Comunista de España.

- Que idade tiña daquela?

-Dezaoito ou 19 anos, era no 1963, na etapa do nacional catolicismo.

- Cantos anos estivo emigrado?

-Estiven 2 por Suiza, Francia e Alemania e voltei a Galicia para facer o servicio militar, que fixen castigado en Candanchú, na raia con Francia.

- Por que o castigaron?

-Polo expediente que xa tiña daquela, xa me detiveran e sin estar procesado pero si detido, foi na cuenca minera asturiana, en Mieres, onde fun detido polo comisario xefe, que se chamaba, porque xa morreu, Claudio Ramos Albornoz, que estaba á fronte da brigada político social. Fun detido pola brigada, dalí levaronme a Madrid e ahí empezou o meu expediente no Ministerio da Gobernación, que se chamaba daquela. Foi no ano 1964, cando a cuenca minera estaba moi axitada.

- A que se adicou tras a mili?

-A un negocio familiar, meu pai tiña un taller mecánico en Monforte de Lemos e os tres irmaus traballamos xuntos toda a vida, eramos concesionarios de Chrysler España na última etapa, na mellor, e eu era xerente da empresa, que chegou a ter entre 15 e 30 empregados. Toda a vida a familia traballamos xuntos nos automóviles, eu era perito mercantil e tamén estudiei Dereito.

- Como tomou a decisión de integrarse na loita armada?

-En realidade os primeiros pasos xa foran no 1974 co que foi secretario xeral da CIG, Manuel Mera, e outros compañeiros, entre eles Ricardo "O Indio", profesor no Instituto de Vigo, cando intentamos construir unha organización de defensa, pero como daquelas a UPG xa tiña un pequeño aparato militar do que era responsable Moncho Reboiras pois decidimos ingresar na UPG Manuel Mera e máis eu. E ahí continuei a militancia ata que me excluín máis tarde.

- Apostaba vostede por outro modo de actuación, por intensificar a via armada?

-Eu sempre fun un militante político, non fun nunca, exclusiva e monolíticamente por esa vía, eu fun teniente de alcalde en Monforte nas primeiras eleccións no 1979 e sempre fixen militancia política, pero non se pode decir que fora exclusivamente nese sentido.

- Ingresou pouco despois en Galicia Ceibe e foi detido?

-Daquela era o Partido Galego do Proletariado, o PGP, e militamos en Galicia Ceive e en setembro do ano 1980 detiveronnos a 16 compañeiros, entre eles cinco de Pontevedra, caso de Antón Bértolo Losada, e tres, entre eles eu, fumos condeados. Cando foi a militancia no PGP construímos unha pequeña organización de resposta sobre todo na área de Pontevedra, queríamos responder ás expropiacións que facía Autopistas do Atlántico. E ahí en parte foi donde iniciamos a loita por ese camiño: contra Autopistas do Atlántico polo itinerario que levaba, porque non estábamos dacordo, e porque as indemnizacións eran reducidas. De feito a consecuencia da loita déronse indemnizacións moi superiores.

- A cadea non lle fixo mudar de opinión

-Non, eu continuei sempre na miña liña de traballo, sempre estiven traballando e cotizando á Seguridade Social en Monforte. O que aconteceu é que nesa ocasión, cando fora a loita contra Autopistas do Atlántico, fun condeado a 8 anos e cumplin 3. O salir volvinme a reincorporar ó meu traballo no taller e seguín con eso, vendíamos turismos, tractores etc. E no ano 1985 foi cando levando unha vida política normal se empezou a constituir o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, do cal fun xa un membro fundador.

- Vostede ten escrito que foi torturado...

-A primeira vez foi no 1964, de Mieres me levaron a Oviedo e dalí á Dirección Xeral de Seguridade en Madrid, e tanto nunha como noutra fun torturado. Despois no ano 1988 en Castro Caldelas volveronme deter e estando detido tireime esposado pola ventá da comisaría de Ourense e quedei moi incapacitado. Eles sabían que eu tiña información e antes de delatar ós meus compañeiros preferín tirarme pola ventá dunha segunda planta.Teño unha incapacidade dun 80%, quedei manco e coxo pola neglixencia dos médicos en prisión.

- Que pensa hoxe do atentado do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive na discoteca compostelana Clangor?

-Eu cando pasou o de Clangor levaba un ano preso.

- Si, o responsable foi o seu sucesor como líder, Manuel Chao.

-Exactamente

- Deduzo que vostede on está dacordo con todo o que fixo o EGPGC

-Evidentemente, a operación de Clangor foi un fallo total, a proba é que morreron dous compañeiros e outra persoa que estaba na sala de festas, tres presoas mortas. Todo o de Clangor foi un fallo fatal (explica que os altoparlantes activaron os artefactos) e ademais dos mortos houbo feridos. Esa operación foi a máis negra, nefasta e totalmente fora de lugar. É evidente que no sitio había un trapicheo grande de drogas,

- En total cumpliu 11 anos de prisión

-Once en total, a primeira foi por pertenza ó Partido Comunista de España, que daquela considerabase asociación ilícita, ahí fun condeado a 2 anos no 1969.

- Máis dunha década preso. Pagou a pena?

-Cada un ten o seu espíritu e a súa filosofía, non se pode resumir nunha linguaxe moi estereotipada e moi abreviada, foron consecuencias dunha loita, e habería que ter en conta cousas como que nós paramos a Ence, a única vez que a celulosa de Pontevedra estivo paralizada 5 días, no 1989, foi a consecuencia da nosa loita. Ence segue ahí despois de 60 anos ¿mereceu a pena paralizarla no 89 e que lle cortaramos a auga e a luz? Bueno, digamos que responde a unha loita social moi forte e moi enraizada.

- Como lembra a vida na clandestinidade?

-Con moita discriplina, con unha sobriedade espartanta e cun espíritu cheo de satisfacción por estar cumprindo no ideal no que creo.

- Esta orgulloso de ter adicado a vida á loita polo independentismo

-Si, evidentemente.

- Que foi o peor destes anos?

-Cando me tirei da comisaría, esposado, foi o momento onde máis próximo estiven á morte, quedei vivo por un casual, e sen embargo continuei e continúo na misma liña: facendo unha vida moi activa. Ahora levo en Vigo 14 anos e desenvolvo o meu traballo social en dous centros. Mereceu a pena? Bueno, é unha consecuencia do ideal de vida e da creencia na capacidad do noso pobo para conseguir a autodeterminación e, dentro de ela, eu sempre me definín como comunista e independentista, claro.

- O independentismo non é en Galicia unha opción política con moitos seguidores. Sentiuse illado?

-Non, sempre me sentín moi arropado socialmente, sempre tiven moita integración social tanto en Monforte, onde traballei toda a vida, como agora en Vigo, unha cidade á que me sinto moi identificado, gústame moito Vigo e aquí a miña relación social e moi rica e moi forte.

- Arrepintese dalgo?

-Non, non, non me arrepinto de nada, sempre fun coherente co meu posicionamento político, non hai unha resposta na miña opinión se non hai un espíritu político e unha loita social, sempre participamos en reivindicacións sociais: eu son membro fundador do Partido Comunista de Galicia e ó mesmo tempo tamén membro fundador do Sindicato Obreiro Galego, que foi a orixe da Confederación Intersindical Galega (CIG), sempre estiven implicado nunha vida social e de militancia política. O outro todo é unha consecuencia, pero a miña actividade social sempre foi a loita política, por exemplo no Concello de Monforte, onde o tempo que estiven de teniente de alcalde non cobrei un céntimo e quedou constancia da miña aportación ó Concello non tendo remuneración de ningún tipo.

- Como analiza hoxe o seu itinerario vital?

-Sempre fun consecuente, tratando de ter unha vida de militancia dacordo co meu pensamento, eu non concibo xente de esquerda que está apoltronada, oxidada e instalada no sistema político actual, xente que era republicana ou que eran partidarios dunha democracia de distinto estilo e hoxe están comulgando na monarquía e instalados no sistema. A gran mayoría deles, moitos, son funcionarios do estado, aínda que sexan docentes, ou se din antisistema pero están asimilados e participan do pasteleo do sistema político actual.

- Pero o certo e que dende que vostede empezou a sua militancia houbo unha gran evolución

-Si, houboa, pero eu non estou dacordo con unha monarquía nin loitamos e pelexamos para que as institucións sexan uns aparatos onde os políticos son esencialmente profesionais remunerados dun posicionamento político, esa é a miña idea sobre a gran mayoría, salvo rarísimas excepcións, dos cadros políticos actuales, e eu non participo deso por suposto nin loitei por ese sistema.

Compartir el artículo

stats