29 de abril de 2017
29.04.2017

Marcos Pereiro: "Cuntis ten un encanto especial"

O humorista estivo onte na vila termal co seu novo monólogo

29.04.2017 | 03:43
Marcos Pereiro. // Noé Parga

Saltou á fama polo seu papel como "Cantareira de Ardebullo" no Luar xunto a Xosé Touriñán. Pero hai uns anos ambos mudaron os seus disfraces de "Mucha e Nucha" para dar un paso máis co seu humor. Onte, Marcos Pereiro (Alemaña, 1981) pasou polo Centro Patelas de Cuntis para amosar o seu monólogo "Como ser armario empotrado".

-Onte actuou en Cuntis, un punto máis na súa xeira. Como está indo?

-Está indo moi ben. É a miña primeira experiencia en solitario, pero estou satisfeito. Cambia bastante, xa que levo moito tempo actuando xunto a Touriñán. Agora non teño a quen botarlle as culpas. Pero quería facelo. Ó final trátase de sacarse os medos.

-No monólogo falou das particularidades dos ximnasios.

-A cousa é explicarlle á xente como conseguir o corpazo que teño eu. É unha época perfecta para velo, porque está aí a operación bikini ó caer. Ó rematar, o público pídeme máis consellos. Mesmo pofacemos unha mesa redonda ó final para seguir debatindo (risas).

-Agora máis enserio, de onde saca as ideas? Vai vostede ó ximnasio?

-Vou, aínda que non se me note. O título do monólogo vén por un tipo que vai ó meu ximnasio. É grande coma un mundo, aínda que el non sabe que lle chamo así. O ximnasio é un ecosistema moi particular. Pasan cousas que noutros lados non. A xente ten unha forma de comportarse moi particular. Moitos van a ligar e o consiguen.

-Como xurdiu a posibilidade de actuar en Cuntis?

-Pois neste caso, chamáronme eles a min. Quizáis axudou que estiven o ano pasado aí gravando "Aguas Quentes". Cando me chamaron foi unha sorpresa. Non a coñecía en profundidade. Estivo ben. Eu vivo en Carral, que é unha vila tamén pequeña. Son un tipo de vilas que me gustan, que teñen encanto porque se coñece todo o mundo.

-Por ser máis galego, o seu humor enténdese mellor e ten máis aceptación nestas vilas en comparación coas cidades?

-Non o creo. Penso que esa diferencia xa non existe. Ó final, vas a Vigo e a xente ri igual.

-O que si que parece é que cada vez chegan máis á xente xoven co seu humor, non?

-Ós monólogos ven xente de todas as idades. Pero é verdade que quizáis Touriñán ou eu somos conscientes de que conectamos coa xente xoven. Cando nós saíamos no Luar, os máis novos vían o programa. Iso é un feito.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine