Pontevedra celebra o día 13 a terceira edición do Maratón Fotográfico, baixo o título "Saca a Lingua". Os participantes terán que fotografar tres temáticas que se desvelarán o mesmo día do maratón e que, nesta ocasión, estarán vencelladas á lingua galega. Poderán participar todas os maiores de 16 anos até completar o aforo, que nesta edición se amplía a 80 participantes. Como novidade, incorporase a categoría familia, onde poderán participar nenos entre 6 e 13 anos acompañados por un adulto. O prazo de inscripción é até o día 7.