O Concello de Ponte Caldelas concedeu ao Arcebispado de Santiago a licencia para a reparación da espadaña da igrexa de Caritel. As obras poden comezar de xeito inmediato.

O Concello, na súa obriga de garantir a seguridade, procedeu a ordenar o valado do perímetro inmediato e deu a súa conformidade ao peche da metade da nave da igrexa, diante do risco que supón a debilidade nesta estrutura construtiva da fachada, que soporta as catro campás existentes.A licenza outorgouse coa máxima celeridade, pero o proxecto houbo de ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta ao tratarse dun edificio catalogado. O orzamento ascende a 6.000 euros.