25 de febrero de 2017
25.02.2017

Rosalía: patrimonio de todos os galegos

A Deputación declara institucionalmente o 24 de febreiro como día adicado á poetisa

25.02.2017 | 02:55
Acto de onte na Deputación. // Rafa Vázquez

Lecturas de poemas e o reparto de camelias do cultivar "Rosalía de Castro" serviron onte de anticipo á declaración institucional por parte da Deputación do 24 de febreiro como Día de Rosalía. Tamén os colexios, caso do CEIP de Pontesampaio, celebraron lecturas, proxeccións e encontros adicados á poetisa.

Ler a Rosalía os 365 días do ano. Foi o convite que fixo o deputado provincial de Cutlura, Xosé Leal, no acto simbólico co que a Deputación se sumou ó Día de Rosalía. Momentos despois o pleno aprobaba por unanimidade declarar institucionalmente o 24 de febreiro como xornada adicada á nosa autora máis universal.

Ela é patrimonio de todos, como lembraron os participantes no acto simbólico, que incluiu unha lectura a cargo de deputados dos distintos grupos políticos, agás Marea, que non pudo acudir, e tamén da representante da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Elena Gallego.

Ésta escolleu un poema que, explicou, leu dunha primeira edición do libro Follas Novas que atopou nunha feira do libro en Bos Aires.

Pechou o acto (unha lectura moi semellante á que celebraron numerosos colexios e institutos) a presidenta da Deputación, Carmela Silva. Ésta destacou que Rosalía é "a muller máis universal de Galiza" e gabou que foi "unha adiantada ó seu tempo polas súas reivindicacións". Os asistentes foron agasallados con camelias e libros en galego.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .