24 de febrero de 2017
24.02.2017

Os mellores agasallos: camelias e versos

A Deputación celebrará hoxe o Día de Rosalía cun reparto de flores, libros e un recitado

24.02.2017 | 05:21
Os deputados provinciais Eva Villaverde e Xosé Leal. // Rafa Vázquez

Moreira da Silva cultivou por primeira vez en 1968 a Camellia reticulata Rosalía de Castro, híbrido de reticulata e japónica, unha belísima flor de tamaño grande, que cos seus 20 pétalos florece nos nosos xardíns de novembro a maio. "Descubriuse en Porto", lembrou onte a deputada Eva Vilaverde, "e onde primeiro se plantou foi na Casa da Matanza", onde viviu Rosalía e está actualmente o museo adicado á escritora.
Será tamén esta flor a que hoxe servirá de agasallo aos participantes no acto simbólico co que a Diputación conmemorará o Día de Rosalía. Seguindo o consello da Asociación de Escritores en Lingua Galega, tamén se entregará aos asistentes un libro, que neste caso será a publicación resultante do Obradoiro de Tradución Poética Con Barqueira e Remador, un encontró desenvolvido o pasado mes de outubro na illa de San Simón e que ontou como protagonistas coa galega Dores Tembrás, o croata Damir –odan, a búlgara Tsvetanka Elenkova, o estoniano Igor Kotjuh, a galega e poeta en castelán Miriam Reyes e o ucraíno Ostap Slyvynsky.

A cerimonia terá lugar nas escalinatas do Pazo Provincial a partires das 11.30 horas e incluirá tamén un recitado de poemas. Os encargados da lectura serán a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, e os tamén deputados Eva Villaverde, David Regades, Nidia Arévalo e Ángel Moldes.

Será "un acto simbólico antes da aprobación por parte do Pleno que a Deputación sumarase ós actos conmemorativos do Día de Rosalía", suliñou Xosé Leal, de xeito que a ceremonia se institucionalizará nos vindeiros anos, algo que se da por feito xa que na comisión previa houbo unanimidade dos grupos políticos no respaldo á moción do BNG para conmemorar esta efeméride.

Nas mesas nas que se situarán os agasallos tamén haberá tarxetas para informar aos asistentes das características da camelia Rosalía de Castro. Ejemplares desta variedade están plantados nas fincas do Castelo de Soutomaior e da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, onde foron cultivadas as que se repartirán esta mañá no acto simbólico.

"Nada máis simbólico que agasallar con esta flor", destacou Eva Villaverde, "Rosalía é a autora máis representativa do país e a camelia a flor máis representativa de Galicia. E tamén é simbólica a mesma existencia deste cultivar: ela amosou que poñendo en valor o propio se pode chegar a todo o mundo, que sendo referente da cultura galega se chega a referente da cultura universal, por eso en Portugal lle adicaron a camelia".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .